DATAS: X de X| x de x| x de s de 2025.
Lugar: CIS GALICIA. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.

NIVEL EDUCATIVO: 5º-6º Educación Primaria.

Horario: 10:00 – 13:30 h.

Prazas: 60 estudantes.

A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, a través do CIS GALICIA, organiza novas actividades educativas e de comunicación científica. Nesta actividade propoñemos unha mañá dedicada a descubrir o mundo da electricidade e da enerxía. O alumnado participará en dinámicas prácticas e demostracións, traballando de forma activa nos dous talleres.

Para cada taller organízanse dúas sesións de maneira que o alumnado poidan participar en ámbalas propostas. En cada sesión participarán un máximo de 30 estudantes.

TALLER “DESCUBRINDO A ELECTRICIDADE”

Un taller 100% práctico para comprender os fenómenos eléctricos e descubrir como a electricidade está presente en case todo o que facemos no día a día. A través de experiencias sorprendentes e da construción de pequenos dispositivos, o alumnado poderá experimentar, crear e aprender ciencia dunha maneira divertida e participativa.

Contidos

  1. Introdución: que é a electricidade?

    • Preguntas iniciais: que sabemos e para que serve a electricidade?
    • Explicación sinxela dos conceptos básicos: carga, corrente, circuíto e fonte de enerxía.
    • Demostración cun xerador Van de Graaff para observar fenómenos electrostáticos.
  2. Materiais condutores e illantes

    • Breve explicación das diferenzas entre condutores e illantes.
    • Actividade experimental: proba con distintos materiais conectados a un circuíto con pila e LED.
    • Rexistro de resultados nunha táboa e clasificación dos materiais.
  3. Circuítos eléctricos con plastilina condutiva

    • Que é a plastilina condutiva e como se diferencia da convencional.
    • Construción dun circuíto simple paso a paso.
    • Circuítos en serie e paralelo.
    • Exploración libre: esculturas eléctricas, motores e LEDs con plastilina condutiva e illante.
    • Análise de erros frecuentes: polaridade incorrecta, curtos por contacto entre masas, etc.
  4. Construción dunha Scribbling Machine

    • Introdución ao concepto: transformación de enerxía eléctrica en movemento.
    • Observación dun prototipo en funcionamento.
    • Construción e posta en marcha das máquinas.
    • Concurso final de movemento para poñer a proba a creatividade de cada grupo.
  5. Peche

    • Reflexión final compartida sobre o aprendido, reforzando a importancia da electricidade na vida cotiá e o valor da experimentación para comprender a ciencia.

 

TALLER “DESCUBRINDO A ENERXÍA”

Este taller céntrase no concepto de enerxía e a súa presenza en todo o que nos rodea. A partir de experimentos prácticos e explicacións adaptadas ao nivel do alumnado, exploraremos como se xera, como se transforma en electricidade e cal é a importancia das fontes renovables para un futuro máis sostible. O enfoque é didáctico, dinámico e participativo, para que os rapaces e rapazas aprendan de forma amena e memorable.

Contidos

  1. Que é a enerxía?

    • Explicación clara e sinxela do concepto.
    • Actividades experimentais:
      • Intercambio de enerxía mediante pelotas que rebotan.
      • Demostración da combustión da nitrocelulosa e a súa conversión en luz e calor.
  2. Transformación da enerxía

    • Procesos que permiten aproveitar a enerxía para o seu uso diario
    • Conversións habituais para obter electricidade:
      • A partir do movemento.
      • A partir de reaccións químicas.
      • A partir da luz solar.
    • Experimentos prácticos:
      • Xeración con dinamo.
      • Electricidade con limóns ou patacas.
      • Produción de corrente cunha placa solar.
  3. Fontes de enerxía: renovables e non renovables

    • Comparación entre ambas: vantaxes, inconvenientes e impacto ambiental.
    • Xogo interactivo tipo Kahoot! para descubrir as características de cada unha.
    • Galicia como exemplo destacado na produción de enerxía eólica.
  4. Construción dun xoguete con enerxía renovable

    • Cada estudante elaborará un coche solar.
    • Competición final en formato carreira para poñer a proba os prototipos.
  5. Peche

    • Remataremos cunha reflexión conxunta, valorando o papel das enerxías renovables e a responsabilidade que temos na procura dun planeta máis limpo e sostible.

 

 
Formulario de inscrición