Membros do Clúster TIC de Galicia visitaron as instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño o 21 de outubro para coñecer os novos desenvolvementos e aplicacións desenvolvidos no centro no contorno de realidade virtual e aumentada.
Primeiro coñeceron algunhas aplicacións de realidade aumentada en dispositivos móbiles e máis tarde asistiron a unha demostración do simulador de vernizado desenvolvido no marco do proxecto Erasmus + FUTUREfacing e as aplicacións actuais do proxecto.
Despois viron algunhas simulacións na CAVE e explicáronlles as súas aplicacións en diferentes sectores da industria.
Finalmente, o Clúster TIC de Galicia puido coñecer de primeira man os desenvolvementos levados a cabo con empresas no marco dos proxectos INTERREG Manufactur4.0 e MAINGAP.