A Directora da Área de Centros da Axencia Galega de innovación, María José Mariño recibiu hoxe 23 de marzo, no CIS Tecnoloxía e Deseño, xunto a Ana Ares, directora do Campus Industrial da Universidade de A Coruña, a case 30 participantes na XIII edición do programa de emprendemento universitario Explorer ‘Jóvenes con Soluciones’ que promove o Banco Santander, a través de Santander Universidades, e que dirixe o Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE).
Ao longo da visita, os participantes no Programa Explorer coñeceron de primeira man, distintos dispositivos de realidade virtual e aumentada, dispositivos móviles orientados ao mantemento de equipos industriais e de marketing así como a CAVE da que dispón o CIS Tecnoloxía e Deseño.
Tamén experimentaron cos últimos demostradores realizados de forma conxunta con empresas innovadoras como as gafas de realidade aumentada para o mantemento dun incinerador de residuos ou o simulador de vernizado. Visitaron tamén a Materioteca de Galicia, situada nestas instalacións.
Asimesmo, recibiron dúas sesión informativas: unha relativa aos programas de emprendemento e aceleración que promove a Axencia Galega de Innovacion, e unha sesión relativa as industrias 4.0 sobre as que o CIS TEcnoloxía e Deseño desenvolve os sus proxectos.
Esperamos que os 30 rapaces innovadores, na súa maioría alumnos ou exalumnos da Universidade da Coruña, coñeceran as tecnoloxías, aplicaciósn e coñecemento dos que dispón o CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación e que lles resulte de interese para o desenvolvemento do seu proxecto.