O pasado 22 de marzo celebrouse en modo online o encontro de tecnoloxía innovadora “A evolución nas Comunicacións Dixitais” onde máis de 30 participantes, procedentes de empresas, centros tecnolóxicos, administracións públicas e universidades coñeceron un novo concepto de interacción nas comunicacións dixitais.
A crise da pandemia COVID-19 acelerou o desenvolvemento de proxectos de dixitalización en entidades, administración e empresas, que se beneficiaron da aparición de diferentes tecnoloxías emerxentes. Ademáis, coa comunicación convencional, empresas e administracións non disponen de feedback sobre a evolución do impacto das súas comunicación e polo tanto, non poden actuar en consecuencia. Nesta ponencia, relatada por Jul Díaz Otero, CEO de GOHU, abordáronse estas cuestións co ánimo de chegar de forma correcta ao público obxectivo.