Do 22 ao 26 de marzo celebrouse a feira AULA, o Salón internacional del Estudiante y de la Oferta Educativa, no recinto ferial IFEMA de Madrid. Este ano AULA contou coa presencia de 235 entidades de 12 países e máis de 200 actividades dirixidas á orientación académica dos estudiantes. Ademáis as entidades participantes expuxeron a súa oferta educativa aos alumnos que puideron testar novas tecnoloxías.
O salón Aula 2023, adicado este ano ás ensinanzas artísticas, foi inaugurado pola ministra de Educación y Formación Profesional, Pilar Alegría, e polo ministro de Universidades, Joan Subirats, que visitaron os diferentes stands organizados por varios ministerios, encabezados polo de Educación e Formación Profesional; neste stand, o ministerio contou cun aula-taller de Formación Profesional no que docentes e alumnos do Centro Politécnico de Santiago levaron a cabo actividades relacionadas coas distintas titulacións de FP e con tecnoloxías relacionadas con estas titulacións.
Unha desas tecnoloxías foi o simulador de vernizado desenvolto polo CIS Tecnoloxía e Deseño ao abeiro do proxecto europeo Futurefacing, financiado por ERASMUS+
O simulador de vernizado contou cunha boa acollida, materializada en que un gran número de visitantes probaron esta tecnoloxía, incluída a ministra Pilar Alegría, durante a súa visita institucional de apertura do evento.