O proxecto Twin NavAux, centrado na promoción do uso do Xemelgo Dixital na industria auxiliar naval de Galicia – Norte de Portugal, concluirá cunha xornada de portas abertas o 23 de decembro na Sala Eisenman da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Esta xornada celebrarase presencialmente e tamén estará dispoñible en streaming para aquelas persoas que non poidan asistir a Santiago. En ambos os casos, os interesados deberán rexistrarse previamente a través do Formulario de inscrición.
No evento exporanse as conclusións e os logros do proxecto Twin NavAux que, despois de máis de dous anos, finaliza tras cumprir con éxito todos os seus obxectivos e deixar un legado de coñecemento, ferramentas e exemplos reais de Xemelgos Dixitais para produtos, para apoiar ás empresas da Eurorregión na súa adopción da tecnoloxía de Xemelgo Dixital.
Posteriormente os asistentes terán a oportunidade de coñecer casos de uso reais de Xemelgos Dixitais desenvolvidos polas empresas:
– Ghenova / Frizonia (sector naval)
– CEAMSA (sector alimentación)
– Plexus (varios sectores)
– Getronics (sector construcción)
– CEAMSA (sector alimentación)
– Plexus (varios sectores)
– Getronics (sector construcción)
Máis información



