Coa presencia da Directora da Área de Centros da Axencia Galega de innovación,  María José Mariño Fontenla,  da Subdirectora de Oficina Galicia Emprende do IGAPE, Fany Suárez Mansilla e de Javier Benito, Director de Desarrollo de Pymes da Escuela de Organización Industrial – EOI, 25 emprendedores de Ferrolterra iniciaron este 17 de marzo a súa  formación e mentorizaxe nun espazo adecuado onde mellorar os seus proxectos. Coa axuda de mentores e profesionais expertos, nos vindeiros 5 meses os emprendedores poderán pasar dunha idea á unha realidade.

O Coworking da EOI- IGAPE-  Axencia Galega de Innovación a través do CIS TEcnoloxía e Deseño ofrece aos emprendedores de Ferrolterra con proxectos innovadores en fase inicial de desenvolvemento unha serie de  prestacións como un espazo de traballo colaborativo deseñado para aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos innovadores que están nunha fase inicial de desenvolvemento, co obxectivo de que os emprendedores poidan iniciar os seus proxectos en pouco tempo.

Ademáis a Escuela de Organización Industrial da acceso a un nodo do ecosistema emprendedor para garantir oportunidades de traballo en rede, formación e investimento.

Esta actividade cofinanciada polo Fondo Social Europeo, permite unha formación completa aos seleccionados de forma gratuita.