A capacitación é unha das liñas de acción do Proxecto Twin NavAux. E, o mércores 19 de novembro, a partir das 16:00 horas, celebrarase en Vigo a primeira xornada de formación presencial da Academia Twin NavAux.

O proxecto POCTEP Twin NavAux, centrado en promover o uso de xemelgos dixitais na Industria Auxiliar Naval Galega e do Norte de Portugal, baséase en dúas premisas fundamentais: a tecnoloxía e a formación do persoal que a utilizará.

Na área de formación, deseñáronse dúas actividades presenciais, que se celebrarán en Vigo e Porto, nas que se abordarán diversos aspectos relevantes para a creación dun xemelgo dixital dun produto ou proceso.

A primeira destas sesións de formación terá lugar en Vigo o 19 de novembro. É preciso inscrición previa para participar, xa que o número de prazas é limitado.

Cando: 19 de novembro de 2025.
Onde: ENERGYLAB. Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo – Vigo
Inscrición: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/intranet/campan/inscribir/192

Prazas limitadas: 25 participantes.

Data limite de inscrición: 18 de novembro de 2025.

Axenda da xornada de formación en Vigo

  • 16:00 h: Machine learning na Manutenção preditiva. Relatora: Fátima Leal, investigadora Universidade Portucalense – Infante D. Enrique.
  • 17:00 h: Simulação num Gémeo Digital. Relatora: Alicia Munín, investigadora Universidade da Coruña.
  • 18:00 h: Café networking.

Nesta sesión de formación, as investigadoras principais da Universidade Portucalense – Infante D. Enrique e da Universidade da Coruña implicadas no proxecto, Fátima Leal e Alicia Munín, abordarán aspectos fundamentais da creación dun xemelgo dixital dun produto ou proceso.

Será unha sesión dinámica cun enfoque práctico, que abrangue a aprendizaxe automática e a simulación como tecnoloxías fundamentais para un xemelgo dixital.

O proxecto POCTEP Twin NavAux baséase en dúas premisas fundamentais: a tecnoloxía e a formación do persoal que a utilizará. Polo tanto, durante a sesión, calquera dúbida que poidan ter os participantes será respondida en tempo real, para que poidan adquirir as habilidades necesarias nestas tecnoloxías actualmente cruciais para os xemelgos dixitais, e os coñecementos adquiridos tamén se poden aplicar a moitas outras industrias da Eurorrexión.

Se queres abordar o concepto de xemelgos dixitais desde unha perspectiva técnica, podes rexistrarte na xornada:

 

Formulario de inscrición

Proxecto Twin NavAux

A formación do sector na transición ao modelo de xemelgo dixital é unha das liñas de acción do Proxecto Twin NAvAux, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal POCTEP 2021-2027, cuxo obxectivo é establecer a base tecnolóxica e as condicións de formación do persoal necesarias para facilitar a implantación masiva de xemelgos dixitais de produto, tanto no sector naval como noutros sectores produtivos da Eurorrexión.

Máis información: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/es/projeto-twin-navaux/