O pasado venres 23 de Xuño visitaron o centro catro profesores do ciclo de Carrozaría da IES Universidade Laboral de Ourense para interesarse por algúns dos desenvolvmentos do CIS Tecnoloxía e Deseño.  En concreto, recibiron explicacións e probaron o Simulador de pintura de automóvil desenvolto no marco do proxecto MAINGAP do programa POCTEP que desenvolveron a Axencia Galega de Innovación a través do CIS,  xunto co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia – CTAG dende Galicia e a Universidade do Minho e CEIIA pola parte portuguesa.