O pasado Venres, 7 de xullo de 2023 tivo lugar a primeira sesión de cine científico familiar coa proxección da película “Ron da Error” seguida dun espectáculo científico relacionado con temáticas de robótica e realidade virtual. Máis de 40 asistentes,  a maioría menores acompañados nalgús casos polas súas familias, participaron desta nova actividade enmarcada no fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre a infancia e a mocidade.

Desde a Axencia Galega de Innovación estamos convencidos da importancia de desenvolver programas para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre a infancia e a mocidade, así como de ofrecerlle á sociedade a oportunidade de achegarse á ciencia e á tecnoloxía dun xeito ameno e divertido, a través de accións de divulgación científica.

Dende 2019 o CIS Tecnoloxía e Deseño contempla entre os seus obxectivos promover o interese e a vocación dos máis novos pola ciencia e a tecnoloxía nos seus ámbitos de coñecemento, como a Realidade Virtual e Aumentada, a Industria 4.0, o Deseño, os Materiais Innovadores, etc).

Para elo, estamos a desenvolver, no marco do programa D´tec, actividades deste tipo. Xa se levaron a cabo 131 actividades nas que participaron máis de 4.800 estudantes de 95 centros educativos.

Esperamos que os xóvenes disfrutaran desta nova actividade!