DATAS: X de X| x de x| x de s de 2025.
Lugar: CIS GALICIA. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: 5º-6º Educación Primaria.
Horario: 10:00 – 13:30 h.
Prazas: 60 estudantes.
A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, a través do CIS GALICIA, organiza novas actividades educativas e de comunicación científica. Nesta actividade propoñemos unha mañá dedicada a descubrir o mundo da electricidade e da enerxía. O alumnado participará en dinámicas prácticas e demostracións, traballando de forma activa nos dous talleres.
Para cada taller organízanse dúas sesións de maneira que o alumnado poidan participar en ámbalas propostas. En cada sesión participarán un máximo de 30 estudantes.
TALLER “DESCUBRINDO A ELECTRICIDADE”
Un taller 100% práctico para comprender os fenómenos eléctricos e descubrir como a electricidade está presente en case todo o que facemos no día a día. A través de experiencias sorprendentes e da construción de pequenos dispositivos, o alumnado poderá experimentar, crear e aprender ciencia dunha maneira divertida e participativa.
Contidos
- Introdución: que é a electricidade?
- Preguntas iniciais: que sabemos e para que serve a electricidade?
- Explicación sinxela dos conceptos básicos: carga, corrente, circuíto e fonte de enerxía.
- Demostración cun xerador Van de Graaff para observar fenómenos electrostáticos.
- Materiais condutores e illantes
- Breve explicación das diferenzas entre condutores e illantes.
- Actividade experimental: proba con distintos materiais conectados a un circuíto con pila e LED.
- Rexistro de resultados nunha táboa e clasificación dos materiais.
- Circuítos eléctricos con plastilina condutiva
- Que é a plastilina condutiva e como se diferencia da convencional.
- Construción dun circuíto simple paso a paso.
- Circuítos en serie e paralelo.
- Exploración libre: esculturas eléctricas, motores e LEDs con plastilina condutiva e illante.
- Análise de erros frecuentes: polaridade incorrecta, curtos por contacto entre masas, etc.
- Construción dunha Scribbling Machine
- Introdución ao concepto: transformación de enerxía eléctrica en movemento.
- Observación dun prototipo en funcionamento.
- Construción e posta en marcha das máquinas.
- Concurso final de movemento para poñer a proba a creatividade de cada grupo.
- Peche
- Reflexión final compartida sobre o aprendido, reforzando a importancia da electricidade na vida cotiá e o valor da experimentación para comprender a ciencia.
TALLER “DESCUBRINDO A ENERXÍA”
Este taller céntrase no concepto de enerxía e a súa presenza en todo o que nos rodea. A partir de experimentos prácticos e explicacións adaptadas ao nivel do alumnado, exploraremos como se xera, como se transforma en electricidade e cal é a importancia das fontes renovables para un futuro máis sostible. O enfoque é didáctico, dinámico e participativo, para que os rapaces e rapazas aprendan de forma amena e memorable.
Contidos
- Que é a enerxía?
- Explicación clara e sinxela do concepto.
- Actividades experimentais:
- Intercambio de enerxía mediante pelotas que rebotan.
- Demostración da combustión da nitrocelulosa e a súa conversión en luz e calor.
- Transformación da enerxía
- Procesos que permiten aproveitar a enerxía para o seu uso diario
- Conversións habituais para obter electricidade:
- A partir do movemento.
- A partir de reaccións químicas.
- A partir da luz solar.
- Experimentos prácticos:
- Xeración con dinamo.
- Electricidade con limóns ou patacas.
- Produción de corrente cunha placa solar.
- Fontes de enerxía: renovables e non renovables
- Comparación entre ambas: vantaxes, inconvenientes e impacto ambiental.
- Xogo interactivo tipo Kahoot! para descubrir as características de cada unha.
- Galicia como exemplo destacado na produción de enerxía eólica.
- Construción dun xoguete con enerxía renovable
- Cada estudante elaborará un coche solar.
- Competición final en formato carreira para poñer a proba os prototipos.
- Peche
- Remataremos cunha reflexión conxunta, valorando o papel das enerxías renovables e a responsabilidade que temos na procura dun planeta máis limpo e sostible.