Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia

25 de April 10:00h. - 13:00h.

A Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, celebra o vindeiro 25 de abril a sétima edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia.

 O evento, co que a Xunta de Galicia conmemora o Día Internacional do Deseño, celebrarase no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

A cita está aberta a profesionais do deseño de todas asáreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto), estudantes e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación,competitividade e sostibilidadenassúasorganizacións.

Nesta edición ponse o foco na relación entreo deseño, a tecnoloxía e o impacto económico. As persoas asistentes terán ocasión de coñecera visión de profesionais de distintas disciplinas, dende o deseño gráfico e de produtodixitalata o deseño de servizos centrado na experiencia de usuario, que explicarán a súa interacción actual e futura coa tecnoloxía e como esta simbiose impacta no desenvolvemento económico.

Details

Date:
25 de April
Time:
10:00h. - 13:00h.

Organizer

CIS Tecnoloxía e Deseño
Phone:
981 337 133
Website:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, A Coruña, España 15590 Spain
+ Google Map
Phone:
981 337 133
Website:
http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/

Próximos eventos

Eventos anteriores