Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Workshop “O final dun produto, a orixe dun material”. Ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”

01/12/2022 10:00h. - 14:00h.

A Materioteca de Galicia pecha o seu ciclo de catro workshops en formato híbrido destinados a explorar as oportunidades de innovación que representan os novos materiais en relación con procesos que aumentan a vida útil dos produtos e reducen o impacto ambiental a través da recuperación, a reutilización, a reciclaxe e o ecodeseño.

O ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, organizado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, remata o 1 de decembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) coa presentación de materiais obtidos a partir de produtos que chegan á fin da súa vida útil.

Este workshop permitirá coñecer experiencias de revalorización de produtos desbotados e tecnoloxías que permiten a transformación destes en materiais sostibles.

Durante a primeira parte da xornada, que será retransmitida online, representantes das empresas INS3RTEGA e EcoMagnet e do centro tecnolóxico Aitiip expoñerán as súas propostas de reciclado de textís e pó de imáns e un proxecto de transformación de resinas procedentes da aviación, do transporte e da construción, respectivamente.

A continuación, terá lugar un taller práctico de carácter presencial a cargo de Materially no que tamén será presentado un estudo estratéxico sobre materiais que supoñen darlle unha segunda vida a produtos desbotados e as tecnoloxías que o fan posible.

Este evento é de especial interese para profesionais do deseño e da enxeñaría e prescritores tecnolóxicos.

Details

Date:
01/12/2022
Time:
10:00h. - 14:00h.

Ubicación

Centro de Innovación y Servicios de la Tecnología y el Diseño
A Cabana, s/n
Ferrol, A Coruña, España 15590 Spain
+ Google Map
Phone:
981 337 133
Website:
http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/

Próximos eventos

Eventos anteriores