
- This event has passed.
Xornada de Cine e show científico D’tec no CIS Tecnoloxía e Deseño
07/07/2023 11:30h. - 14:00h.

A Axencia Galega de Innovación, a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, lanza unha nova actividade dentro do programa D’tec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas. Os dous primeiros venres do mes de xullo, levaranse a cabo unhas xornadas de cine e show científico.
Estas xornadas son unha excelente oportunidade para aproximarse á ciencia e á tecnoloxía dun modo distinto, combinando a parte lúdica do cine coa espectacularidade do show científico.
Durante esta xornada proxectarase a película “Ron da Error”. A actividade está aberta a todos os públicos.
Sinopse: nun futuro próximo, unha empresa lanza ao mercado unha nova liña de robots autónomos coñecidos como B-Bots. Estes dispositivos de tamaño pequeno están deseñados para ser os compañeiros ideais das nenas, nenos, mozas e mozos. En medio de todo isto, Barney, un estudante de secundaria un pouco solitario, recibe un agasallo especial para o seu aniversario: un B-Bot chamado Ron. Con todo, pronto dáse conta de que Ron é un dispositivo defectuoso que foi descartado e vendido a un prezo máis baixo. A pesar disto, Barney decide darlle unha oportunidade ao seu novo amigo e xuntos embárcanse nunha serie de aventuras emocionantes para descubrir o verdadeiro significado da amizade.
Show científico
Dispoñeremos de robots como Barney? É realmente intelixente a Intelixencia Artificial? Que avances nos esperan nos próximos anos? Durante o show iremos contestando a estas preguntas, mentres realizamos experiencias como probar dispositivos de Realidade Virtual, analizar tecidos que parecen xurdidos do futuro ou ler as ondas cerebrais dun voluntario.