
- This event has passed.
Aplicacións de Realidade Virtual e Aumentada nos sectores da Automoción e Aeronaútico
11/03/2021 10:00h.

O vindeiro 11 de Marzo celebraráse en modo online a xornada de presentación do proxecto MAINGAP, financiado polo Programa Interreg V-A España-Portugal no que a Axencia Galega de Innovación participa como entidade socia a través do CIS Tecnoloxía e Deseño.
O obxectivo desta xornada, ademáis de presentar o proxecto MAINGAP: Manufactura Innovadora na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e as posibles aplicacións da realidade virtual e aumentada ás empresas dos sectores automoción e aeronáutico, é difundir o efecto incentivador da implantación destas Tecnoloxías 4.0 nos sectores estratéxicos para a Euro-rexión Galicia – Norte de Portugal.
No transcurso deste proxecto, que ten prevista a súa finalización en abril do 2022 e no que o Centro Tecnolóxico da Automoción – CTAG é o beneficiario principal, administracións e centros de coñecemento de Galicia e o Norte de Portugal traballarán para intensificar as relacións entre os centros de investigación e as empresas dos sectores involucrados.
Neste proxecto desenvolveránse demostradores nas tecnoloxías de:
- Loxística interna, exoesqueletos e robótica colaborativa por parte de CTAG.
- Realidade virtual e realidade aumentada por parte de CIS Tecnoloxía e Deseño- GAIN.
- Fabricación aditiva por parte, CEEIA- Centre of Engineering and Product Development.
- Fabricación dixital por parte de CCG – Centro de Computação Gráfica Universidade de Minho.
- Os demostradores serán validados por oito empresas de Galicia e do Norte de Portugal que serán seleccionadas no trasncurso do proxecto.
Para maior información sobre a xornada ou sobre a participación no proxecto podes chamar ao teléfono
981 33 71 81 ou consultar a seguinte ligazón:
Pode inscribirse ao evento na seguinte ligazón: