A transformación dos materiais para a economía circular foi o tema central do segundoworkshop do ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, que tivo lugar o 16 de xuño no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), sede da Materioteca de Galicia.

Durante a apertura do workshop, a directora de Centros da Axencia Galega de Innovación, María José Mariño, animou os asistentes a consultar os informes e artigos divulgativos sobre materiais innovadores que se publican periodicamente en materioteca.gal e a suscribirse ao boletín para manterse ao tanto de todas as novidades e eventos. Ademais, anunciou que logo da pausa do verán celebraráse os dous workshops restantes deste ciclo: un en outubro sobre ecodeseño baseado nos novos materiais e outro en novembro sobre fin de vida dos materiais baixo criterios de sostibilidade.

Composites e refugallos da construción

Na primeira parte da xornada, que foi retransmitida online, Pablo Iglesias, de LavelleEurope, presentou o eternal carbon, un composite sostible, versátil, cunha resistencia que maximiza a vida útil e con acabados estéticos de calidade superior. Segundo explicou, asúasostibilidade reside na incorporación do proceso de fabricación ao deseño, na simplificación da operativa, na eliminación de consumibles dun só uso, na aplicación de sistemas de curado máis eficientes, na utilización mínima de materia prima e nareciclaxe dos refugallos.

Pola súa banda, Benito García, da Asociación de Recicladores de Construción e Demolición (ARCODEGA), situou o tratamento de refugallos da construción para a súa reutilización como o máis claro exemplo de economía circular e reclamou unha regulación propia ao mesmo nivel que o vidro ou o papel. Cada ano prodúcense 150 kgs de refugallos da construción por cada habitante de Galicia e un 75% non chega a valorizarse. Por iso, insistiu en que é imprescindible pasar da economía liñal á economía circular: demolición selectiva, reutilización dos subprodutos de derribo e valorización do árido reciclado

A segunda parte do workshop, de carácter exclusivamente presencial, tivo formato de taller práctico e interactivo. Foi dinamizado polos expertos Unai Etxebarria e Iker Agirre, da empresa especializada Materially, que presentaron unha selección de materiais innovadores cuxa sostibilidade e adaptación aos criterios da economía circular foi mellorada a través dos procesos de transformación. Estes 35 materiais, dos que nove foron creados en Galicia recóllense nun estudo estratéxico xa disponible na web da Materioteca de Galicia.

Este ciclo de workshops, que se está a desenvolver ao longo de todo este ano a iniciativa da Axencia Galega de Innovación, está dedicado a explorar as oportunidades de innovación que representan os novos materiais en relación con procesos que aumentan a vida útil dos produtos e reducen o impacto ambiental a través da recuperación, a reutilización, a reciclaxe e o ecodeseño.