Alumnos do IES Concepción Arenal participaron no programa de emprendemento e tecnoloxía para fomentar o espírito empresarial e STEM chamado EduTecEmprende, no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo e o convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e diferentes empresas e centros tecnolóxicos.

O programa EduTecEmprende (https://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-edutecemprende-2022-2023) está dirixido a estudantes de 3º e 4º de ESO, bacharelato e formación profesional dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e ten como obxectivo motivar e sensibilizar aos alumnos no espírito emprendedor, así como promover o seu achegamento ás áreas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).

Durante o desenvolvemento deste programa levan a cabo actividades e talleres relacionados coas áreas STEM, nas que os alumnos proban as diferentes lentes de realidade virtual e aumentada, e interactúan con elas a través de diferentes programas como un simulador de pintura ou un mantemento dun compresor de aire, entre outros.

Nesta ocasión, os estudantes tamén tiveron a oportunidade de coñecer a Materioteca de Galicia (https://www.materioteca.gal), que conta con máis de 100 materiais distintos e atópase no CIS Tecnoloxía e Deseño.