O pasado sábado 21 de maio, o CIS Tecnoloxía e Deseño acolleu nas súas instalacións a celebración das IV Xornadas de Matemáticas ABN organizadas pola Consellería de Educación a través do Centro de Formación e Recursos Educativos de Ferrol (CFR). Máis dun centenar de docentes reuníronse nunhas xornadas nas que se realizaron 3 conferencias plenarias e 15 obradoiros onde os docentes puideron coñecer de primeira man a metodoloxía ABN que traballa a descomposición de números a través de materiais manipulativos que favorezan o cálculo mental.