Ferrol, 13 febreiro 2020
O CIS acolle nas súas instalacións unha nova edición -a quinta- do espazo Coworking, unha iniciativa para emprendedores promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Escola de Organización Industrial (EOI).
Os participantes nesta edición- un total de 15 mulleres e 9 homes- teñen a oportunidade de recibir formación e asesoramento personalizado para o desenvolvemento dos seus proxectos que abarcan diferentes sectores produtivos: enerxías renovables, turismo, márketing dixital, moda sostible, comunicación, deseño gráfico, alimentación e servizos de asesoramento de