O Espacio COWORKING EOI ofrece formación, mentorizaxe e un espazo onde traballar. Coa axuda de mentores e profesionais expertos, en 5 meses os emprendedores poderán pasar dun  dunha idea á unha realidade! E todo isto, de balde.

Onde podes atopar os espazos de coworking?

A MARIÑA LUCENSE (Mondoñedo)

COSTA DA MORTE (Cabana de Bergantiños)

FERROLTERRA (Ferrol)

SANTIAGO DE COMPOSTELA

A RIBEIRA SACRA (Monforte de Lemos)

O SALNÉS (Vilanova de Arousa)

O DEZA (Lalín)

CAMIÑO DE SANTIAGO (Palas de Rei)

MANCOMUNIDADE DO CARBALLIÑO (Carballiño)

TECNÓPOLE VALDEORRAS (A Rua)

QUE É O COWORKING EOI

  • Un espazo de traballo para emprendedores innovadores
  • Deseñado para aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos innovadores nunha fase inicial de desenvolvemento
  • Cun único obxectivo: que os emprendedores poidan iniciar os seus proxectos en pouco tempo
  • Un nodo do ecosistema emprendedor promovido por EOI, con acceso a oportunidades de traballo en rede, formación e investimento.

QUEN PODE PARTICIPAR?

  • Emprendedores innovadores con proxectos empresariais en fase inicial de desenvolvemento.
  • Emprendedores innovadores que crearon a empresa recentemente (máximo 6 meses antes de incorporarse ao espazo)

Inscrición gratuíta para os seleccionados, actividade cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Máis información e inscricións:

http://landing.eoi.es/coworking_igape/