
- This event has passed.
Workshop online Tecidos industriais
22/10/2021 10:30h. - 12:30h.

A Materioteca de Galicia continúa a súa programación de workshops o vindeiro 22 de outubro centrándose nos tecidos industriais.
Representantes de catro empresas galegas de diversos sectores presentarán as súas innovacións neste campo durante o evento online organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación.
Durante este workshop será presentado tamén o estudo estratéxico sobre oportunidades baseadas neste tipo de tecidos, elaborado por Materially para a Materioteca de Galicia.
Como casos prácticos, representantes de Grupo Chicolino, Grupo Copo e a empresa Signus expoñerán diferentes proxectos para o desenvolvemento de tecidos industriais, con aplicacións en automoción, construción, miticultura, acuicultura e pesca.
Este evento é de especial interese para persoal técnico e profesionais do deseño de produto.