Loading Events

« All Events

Xornada de peche do proxecto Twin NavAux

23 de December 10:30h. - 13:00h.

O proxecto Twin NavAux, centrado na promoción do uso do Xemelgo Dixital na industria auxiliar naval de Galicia – Norte de Portugal, concluirá cunha xornada de portas abertas o 23 de decembro na Sala Eisenman da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Esta xornada celebrarase presencialmente e tamén estará dispoñible en streaming para aquelas persoas que non poidan asistir a Santiago. En ambos os casos, os interesados deberán rexistrarse previamente a través do Formulario de inscrición.

AXENDA

10:30 – 11:00 h. Apertura

– Benvida.  Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila.
– Resultados do proxecto Twin NavAux. José Luís de Nicolás Sánchez.

11:00 – 12:30 h. Casos de uso de Xemelgo Dixital

– “Caso práctico dun xemelgo dixital naval, proxecto GEMELOTEC”.
Alfonso Garijo e Santiago Martelo – Ghenova e Pablo Pérez – Frizonia.
Xemelgo dun equipo HVAC, que inclúe modelización, simulación e machine learning.

– “Xemelgos dixitais aplicados á industria de hidrocoloides”.
Julio Martínez Rumbo – CEAMSA.
Xemelgo dunha liña de produción, que inclúe intelixencia artificial.

– “O uso da intelixencia artificial ao servizo da industria”.
Álvaro Dosil Suárez – Plexus.
Diversas áreas da empresa, que inclúen intelixencia artificial, machine learning, simulación e modelado de procesos.

– “Xemelgo Agentico. Monitorización e simulación de consumos e procesos críticos”.
Carlos Álvarez e Alberto Rodríguez – Getronics.
Sistema de suministro eléctrico en edificación, que inclúe intelixencia artificial e machine learning.

12:30 – 13:00 h. Café networking.

Data límite de inscrición: 22 de decembro de 2025.

Acceda ao formulario de inscrición

Details

Date:
23 de December
Time:
10:30h. - 13:00h.

Organizer

CIS Tecnoloxía e Deseño
Phone:
981 337 173
Website:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Sala Eisenman
Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Centro de Emprendemento Creativo (CEM), Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña
Santiago de Compostela, A Coruña 15707
+ Google Map

Próximos eventos

Eventos anteriores