CIS Tecnoloxía e Deseño acolleu a pasada fin de semana as V Xornadas de Matemáticas co algoritmo ABN, enfocado á aprendizaxe mediante o uso de materiais cotiáns e de forma natural, afastándose do modelo tradicional de ensino.

O que caracteriza a esta metodoloxía de ensino é o seu carácter aberto. As xornadas organizadas polo Centro de Formación e recursos do profesorado de Ferrol, CFR Ferrol, contou coa asistencia de profesorado de primaria e secundaria de toda Galicia e 12 relatores de diferentes comunidades autónomas, expertos en metodoloxía ABN levaron a cabo talleres simultáneos con diferentes contidos para traballar a competencia matemática. Falouse de currículo, traballo en equipo, contextualización da aprendizaxe, necesidade de formación TIC para adaptarse ás novas demandas tecnolóxicas e a importancia de traballar por retos. A xornada deixou claro que as novas demandas formativas van en paralelo ao desenvolvemento social e por iso a aprendizaxe ha de ser funcional e ha de servir para algo.

Xa non vale memorizar e repetir contidos mecanicamente. En clausura das xornadas estivo presente o profesor Jaime Martínez Montero, creador de Método ABN que protagonizou a xornada.

Fonte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2023/05/22/innovacion-educativa/00031684783501101801233.htm