Hoxe a Axencia Galega de Innovación súmase á celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, organizando un espectáculo científico centrado na importancia das mulleres científicas e tecnólogas ao longo da historia.

A charla, conducida polos divulgadores Iria Ollero e David Ballesteros, na que participaron case 160 estudantes de 3 centros educativos da comarca acompañados polo seu profesorado,  permiteu que o xoven público puidera aproximarnos dun xeito atractivo a grandes mulleres que fixeron importantes achegas científicas e nunca recibiron o recoñecemento social que merecían como Hipatia de Alexandría, Marie Anne Pierrette  ou Rosalind Franklin entre outras.

Durante o evento, combináronse datos biográficos e anécdotas vitais con experimentos rechamantes inspirados nas científicas presentadas.

A actividade intégrase no programa D’tec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, que se desenvolve todo o ano no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.