O día 23 de mayo viñeron realizar unha visita o Director do CIFP Politécnico de Santiago máis tres profesores da Familia Profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos, en resposta á recente invitación que se fixo para que experimentaran co Simulador de Realidade Virtual de Pintura de Automóvil e recibiran explicacións completas do seu funcionamento e beneficios co seu uso.

O CIFP Politécnico de Santiago conta actualmente cun Simulador de Vernizado funcional que amosaron no Stand do Ministerio de Educación na feira AULA en Madrid o pasado mes de marzo, polo que, con algunha mellora, poden ter dispoñible o resto de simuladores de procesos de pintura a spray desenvoltos por CIS Tecnoloxía e Deseño ao abeiro de proxectos europeos.

A experiencia resultoulles positiva, xa que manifestaron que a inmersión proporciona a sensación de realidade que difícilmente se experimenta doutro xeito. Ademais do simulador de pintura poideron probar outros simuladores e amosáronselles outras aplicacións de realidade virtual para formación, turismo e demostrativos de producto froito do traballo de CIS Tecnoloxía e Deseño. Completaron a visita con un recorrido polas instalacións do centro.