O CIS Tecnoloxía e Deseño participou o pasado sábado 7 de maio nunha xornada sobre realidade virtual e aumentada, organizada co obxectivo de fomentar o espírito innovador na mocidade e patrocinada polo Concello de Pontedeume no marco da iniciativa HORIZONTEC.

O CIS Tecnoloxía e Deseño achegou unha serie de equipamentos de realidade virtual e aumentada cos que, ademais de mostrar diversas aplicacións desenvolvidas polo centro en proxectos autonómicos e europeos, foi posible trasladar aos asistentes a dinámica de creación deste tipo de aplicacións, que permitan transmitir aos asistentes a dinámica de creación deste tipo de aplicacións, así como os distintos usos que se lles pode dar na empresa.