O equipo técnico do CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de innovación,  José Mariño recibiu o pasado 14 de abril no centro ferrolano a  máis de 30 participantes, mentores, e organizadores da XIV edición do programa de emprendemento universitario Explorer ‘Jóvenes con Soluciones’ que promove o Banco Santander, a través de Santander Universidades, e que dirixe o Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE).

Ao longo da visita, os participantes no Programa Explorer coñeceron de primeira man, distintos  dispositivos de realidade virtual e aumentada, dispositivos móviles orientados ao mantemento de equipos industriais e de marketing así como a CAVE da que dispón o CIS Tecnoloxía e Deseño.

Tamén experimentaron cos últimos demostradores realizados de forma conxunta con empresas innovadoras como as gafas de realidade aumentada para o mantemento dun incinerador de residuos ou o simulador de vernizado.  Visitaron tamén a Materioteca de Galicia,  situada nestas instalacións.

Asimesmo,  recibiron dúas sesión informativas: unha relativa aos programas de emprendemento e aceleración que promove a Axencia Galega de Innovacion,  e unha sesión relativa as industrias 4.0 sobre as que o CIS TEcnoloxía e Deseño desenvolve os sus proxectos.

 

Esperamos que os estes rapaces innovadores,  na súa maioría alumnos ou exalumnos da Universidade da Coruña,  coñeceran as tecnoloxías,  aplicacións e coñecemento dos que dispón o CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación e que lles resulte de interese para o desenvolvemento do seu proxecto.