A Axencia Galega de Innovación participa durante dous días na reunión en Colonia do grupo sectorial de agroalimentación e grupo de traballo de sostibilidade da Enterprise Europe Network cos representantes do proxecto Care4bio.

Trátase dunha reunión conxunta do grupo sectorial de Agrofood da EEN do que forma parte GAIN, do grupo temático de sostibilidade da EEN e da rede de NCPs (Puntos Nacionais de Contacto) do Clúster 6 de Horizonte Europa: Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente. Na reunión, que terá lugar en paralelo á feira ANUGA FoodTec, os tres grupos estudarán posibles sinerxias de colaboración que permitan reforzar o servizo que están a prestar ás pemes europeas e presentarán as súas actividades para o ano 2024.

No marco da reunión a empresa galega SENSESBIT presentou a súa novidosa tecnoloxía de análise sensorial intelixente orientada ao análise e predicción dos gustos dos consumidores.

Máis información sobre as ventaxas que a  Enterprise Europe Network pode ofrecer ás pemes galegas na seguinte ligazón:

Coñece a Enterprise Europe Network