A Axencia Galega de Innovación a través do CIS Tecnoloxía e Deseño participa no Día Europeo da Cooperación 2023 a través de 3 actividades enmarcadas dentro do proxecto Navegando o Futuro e realizadas polos tres socios do proxecto:

– Xornada Learnign by Doing:  desenvolverase co obxectivo de espertar vocacións tecnolóxicas entre os estudantes de FP e ensinanzas universitarias. O alumnado poderá coñecer as tecnoloxías 4.0 aplicadas ao sector naval. Este evento celébrase en Ferrol no CIS Tecnoloxía e Deseño.

-Bootcamp. Sesión de traballo con empresas para axudalas na toma de decisións para a adquisición de tecnoloxías complexas. Celébrase no Porto na sede do CATIM,  socio portugués do proxecto.

– Presenza de ACLUNAGA no Navalia International Shipbuilding Meeting celebrado entre o 20 e o 22 de setembro nas Palmas de Gran Canaria.