O pasado venres 27 de outubro tivo lugar no CIS Tecnoloxía e deseño a presentación do Proxecto TWIN NAVAUX que estivo precedida por unha xornada divulgaltiva sobre as ferramentas Digital Twin

Nesta xornada, retrasmitida en liña, pero na que participaron de forma presencial os socios do proxecto, ademáis de dar a coñecer brevemente o proxecto TWIN NAVAUX para as case 20 entidades que se conectaron,  fíxose un repaso polas ferramentas que SIEMENS pon ao alcance de empresas e centros de coñecemento en relación ao xemelgo dixital, e tamén se analizou en en que punto se atopan os desenvolvementos de Xemelgo Dixital de NAVANTIA.

Os Digital Twin permiten, entre outros moitos beneficios: reducir erros de deseño, baseándose nos datos recolleitos ao longo do tempo; mellorar o funcionamento dos equipos, baseándose nos devanditos datos e en múltiples simulacións virtuais e optimizar custos, porque se alcanzan deseños optimizados e pola redución dos fallos dos equipos cando se atopan en funcionamento.

Seguindo esta liña, o proxecto TWIN NAVAUX, cofinanciado polo programa POCTEP 2021 – 2027, enfócase na promoción do uso do xemelgo dixital (Digital Twin) na industria Auxiliar Naval de Galicia e Norte de Portugal, e pretende establecer as condicións tecnolóxicas e de capacitación do persoal necesarias para facilitar a implantación masiva de modelos de xemelgo dixital de produto, tanto no sector naval como noutros sectores produtivos da Eurorexión.

Neste proxecto participan a Axencia Galega de Innovación como beneficiario principal e os socios Asociación Clúster do Naval Gallego (ACLUNAGA), Universidade da Coruña (UDC), Centro de Apoio Tecnolóxico à Indústria Metalomecânica (CATIM), Universidade Portucalense Infante Dom Henrique, Ibercisa Deck Macvhinery SA, Industrias Ferri SA e Electrorayma SL.