Comenzamos hoxe unha sesións de debate acerca de novas iniciativas e proxectos conxuntos entre tres importantes polos de innovación de Ferrol.  María Jesús Movilla, vicerreitora do campus de Ferrol da UDC,  Ana Ares,  directora do Campus Industrial de Ferrol,  Javier Quiles,  coordinador de  Innovación do CHUF e María José Mariño,  directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación,  deron a benvida a todo o persoal investigador e profesionais sanitarios e non sanitarios da ASF, participantes na reunión celebrada nas instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.

María José Mariño iniciou a reunión presentando os obxectivos do que se espera sexa un espazo para xenerar proxectos e iniciativas en dúas áreas tecnolóxicas das que se desenvolven no CIS TEcnoloxía e Deseño: a realidade virtual e aumentada e a innovación relacionada cos materiais e a Materioteca de Galicia.  A continuación, Javier Quiles manifestou a vocación de introducir melloras tecnolóxicas na área Sanitaria, u departamento,  especialmente en todo o aplicable á actividade asistencial.

A vicerreitora María Jesús Movilla e Ana Ares do Campus Industrial reforzaron a idea de cooperación entre os distintos axentes de innovación para xenerar ideas que utilicen os desenvolventos  conxuntos no relativo a industria dixital.

Case 30 participantes dos tres centros visitaron algunas das tecnoloxías do centro  coa finalidade de establecer complementariedades e sinerxias e intercambiarion ideas e retos que se plantexan para o uso destas tecnoloxías no ámbito sanitario.