Dirixido a: 5º – 6º de Educación Primaria.
Límite de prazas: 30 centros educativos.
Duración estimada: 10 horas lectivas.

Data límite de inscrición: 13 de outubro de 2021.

Vivimos nun mundo cambiante, no que a investigación é fundamental. Camiñamos cara unha sociedade do coñecemento e precisamos que o alumnado coñeza a importancia da innovación e os procesos que iso implica.

O proxecto escolar “Factoría de novos materiais” é unha proposta que achega aos estudantes dos últimos cursos de Educación Primaria un dos campos con máis potencial de futuro: os novos materiais. E faino a través de actividades amenas e prácticas, buscando despertar a curiosidade pola innovación e a investigación.

Para facilitar o desenvolvemento do proxecto nas aulas, os centros participantes recibirán un kit con todos os materiais necesarios para desenvolver as actividades indicadas nos recursos didácticos.

Os contidos que se abordan son os seguintes:

Os novos materiais

Conceptos básicos. Antes de mergullarnos no mundo dos novos materias, repasaremos as súas propiedades e descubriremos que entendemos por novos materiais e que vantaxes e diferenzas presentan cos tradicionais.

Detectives de materiais. No kit inclúense mostras dalgúns materiais con propiedades moi curiosas. O alumnado, coa axuda das guías didácticas e dos docentes, pescudará que os fai espaciais dun xeito totalmente experimental. Exploraremos a pintura máis negra do mundo, unha cinta adhesiva inspirado no animal Gecko, area hidrofóbica e hidroxeles.

Investigando os polímeros. A maior parte dos novos materiais constrúense con grandes moléculas chamadas polímeros. Para achegarnos ao seu coñecemento, realizaremos diferentes actividades prácticas nas que crearemos obxectos con plástico termo moldeable e fabricaremos pelotas saltarinas.

Creando biomateriais. Non queremos esquecer a problemática medioambiental. Por iso imos realizar algunha actividade de concienciación medioambiental e experimentar coa fabricación de materiais orgánicos biodegradables utilizando algo tan cotiá como o leite.

Proxecto final. Para que o alumnado integre todo o aprendido, deberán crear un obxecto partindo dunha problemática que se lles plantexará. Esta actividade non ten finalidade competitiva, senón invitar ao alumnado a explorar o mundo dos novos materias dun xeito autónomo e a través da indagación e a exploración.

KIT de materiais

Cada grupo participante recibirá un kit cos seguintes compoñentes:
● Pack de 4 probetas de plástico
● 30 micropipetas
● 15 pegatinas NFC
● 200g area hidrófoba
● 500g de plástico termoestable moldeable
● Pack de orbits – polímero hiperhidratable
● Reactivos para a fabricación de pelotas saltarinas
● Mostra sobre papel pintura 99%Black
● Bolsas solubles en auga
● Rolo de cinta Gecko
● Vasos desechables
● Culleres destobotables
● Luvas de nitrilo

A plataforma á que terán acceso os centros participantes, inclúe recursos didácticos para o alumnado e para os docentes, con orientacións sobre cada unha das actividades.

O enfoque é totalmente práctico, con contidos amenos e atractivos integrables na aula dun xeito sinxelo.

Só se admitirá unha inscrición por centro educativo (Máximo 30 alumnos por centro)

Organizarase unha sesión inicial de presentación para os centros participantes. Así mesmo, o profesorado terá á súa disposición un servizo para a realización de consultas e asesoramento para que este proxecto poida ser desenvolvido na aula.

En decembro levarase a cabo a clausura virtual do proxecto escolar.