O pasado 9 de decembro celebrouse un encontro en liña entre Axencia Galega de Innovación e Enterprise Ireland, socios do proxecto Interreg Atlantic Area USER FACTOR

O obxectivo da reunión foi o intercambio de resultados e experiencias relacionadas cos respectivos proxectos piloto de deseño que se levaron a cabo no marco do proxecto USER FACTOR.

USER-FACTOR é un proxecto de tres anos de duración financiado polo Programa Espazo Atlántico de Interreg, e no que participan 8 socios de España, Irlanda, Escocia, Gales, Portugal e Bretaña; cuxo obxectivo é reforzar a innovación nas pequenas e medianas empresas (pemes) axudándoas a utilizar o deseño como ferramenta de innovación impulsada polo usuario.

Cada un dos socios desenvolveu un programa piloto para axudar ás pemes a utilizar o deseño e implicar aos usuarios no desenvolvemento de conceptos e probas de prototipos. No caso de GAIN, na fase piloto participaron 25 pemes galegas divididas en dous grupos: deseño de produto e deseño de servizos.

Debido ás restricións actuais de viaxes e movementos debido á emerxencia internacional baixo a ameaza de COVID, decidiuse establecer unha reunión virtual por videoconferencia. Non obstante, a axenda da reunión estableceuse co fin de permitir un intercambio eficiente de información relacionada co deseño de pilotos e conclusións.