Durante a semana do 13 de novembro máis de cento viente alumnos de primaria e formación profesional visitaron o  CIS Tecnoloxía e Deseño para participar en diferentes actividades.

O luns día 13, 39 estudantes de 5º-6º de Educación Primaria do CEIP de Maciñeira de Neda  participaraon en dou novos talleres DTEc: Talleres Tecnolab e A química e a cosmética

O vernres día 17, 66 estudantes de 6º de primaria de do CPi do FEal, de Narón participararon nunha nova edición destes tous talleres:

 

TALLER D’tec TECNOLAB

No taller o alumnado puido descubrir as posibilidades da programación de forma lúdica e divertida mentres se construían distintos sistemas, partindo das placas programables Microbit, vendo as implicacións prácticas da programación de placas electrónicas e a súa importancia na nosa vida cotiá. Entre outras actividades recolléronse datos con sensores, controlaron luces e transmitiron sinais inalámbricos. Para finalizar a actividade, os rapaces enfrontaron un reto: Construír un sistema de alarma que resista a intrusión dos docentes.

TALLER D’tec A química e a cosmética

Este taller é unha introdución práctica ao campo da química e o desenvolvemento de materiais e compostos. Na primeira parte da actividade o contido centrouse en ofrecer aos participantes unha aproximación comprensible á estrutura da materia e a química a través de diferentes experiencias sorprendentes. Na segunda parte, afondouse nas súas aplicacións, creando bombas de baño e outros cosméticos utilizando diferentes fórmulas.

 

Este mesmo venres 24 estudantes do Centro IES Pontepedriña de  Santiago de Compostela dos Ciclos de Comercio e Marketing visitaron as distintas dependencias e tecnoloxías que o alberga o centro: visitaron a Materioteca de Galicia coa súa exposición de materiais innovadores; o  showroom  e a sala de demostradores  onde coñeceron diferentes tecnoloxías de realidade virtual e aumentada.