O pasado 20 de xuño técnicos do CIS Tecnoloxía e Deseño organizaron o workshop de validación do sistema de realidade aumentada para mantemento dunha impresora 3D na sede da empresa Lupeón en Nigrán.

Durante este taller de traballo, persoal da empresa comprobou como a realidade aumentada pode axudar nas tarefas de mantemento das súas impresoras 3D. 

Desenvolvéronse dúas utilidades: unha aplicación de realidade aumentada para as lentes Microsoft Hololens 2 que guía ao operario nos pasos que debe realizar para facer determinadas operacións de mantemento da impresora e doutra banda un sistema de asistencia remota que permite a un técnico experto supervisar e dirixir o traballo que realiza outra persoa sobre a máquina.

Estes desenvolvementos realizáronse no marco do proxecto MAINGAP (https://www.maingap.eu/), proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-AS España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.