Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Opendesk B2B. Conectando empresas con Matemática Industrial (20-23 de setembro)

20/09/2022 - 23/09/2022

Entre o 20 e o 23 de setembro terá lugar o evento de matchmaking virtual “OPENDESK B2B. CONNECTING COMPANIES WITH INDUSTRIAL MATHEMATICS”, organizado pola Axencia Galega de Innovación no marco da Enterprise Europe Network e pola rede EU-Maths-IN.

O 20 de setembro de 2022, EU-Maths-IN lanzará o seu servizo OpenDesk, un portelo único para a industria europea. A intención do servizo é que as empresas poidan presentar os seus principais retos aos mellores centros europeos de matemática industrial co obxectivo de poder desenvolver conxuntamente solucións a medida segundo as súas necesidades.

Co obxectivo da presentación do novo servizo OpenDesk, EU-Maths-IN e a Axencia Galega de Innovación como socio da Enterprise Europe Network uniron forzas para organizar un evento de matchmaking para facilitar a conexión entre as empresas e a matemática industrial.

Axenda e rexistro: https://opendesk.b2match.io/home

Data límite para a inscrición: 19 de setembro de 2022

Details

Start:
20/09/2022
End:
23/09/2022

Próximos eventos

Eventos anteriores