Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornada LoRa – LoRaWAN

13/09/2022 9:30h. - 10:30h.

Atopámonos nun tempo onde a comunicación éo todo. Por iso, as infraestruturas de comunicacións de baixo custo que permitan a creación de dispositivos con baixo consumo resultan sen dúbida unha opción moi atractiva.

Unha delas é a tecnoloxía LoRa que permite o envío e recepción de información punto-a-punto. A súa característica máis representativa é o seu longo alcance, con requisitos de desenvolvemento bastante contidos e un consumo de enerxía moi baixo, sendo así apta para aplicacións da internet das Cousas (IoT). En condicións normais de propagación e en ausencia de obstáculos, pódese chegar a alcanzar ligazóns a distancias de decenas de km. En caso de presenza de obstáculos, a distancia de ligazón redúcese sensiblemente, sendo necesaria unha configuración máis complexa para optimizar o desempeño da rede.

A tecnoloxía LoRa usa a técnica de espectro alargado, onde o sinal enviado utiliza un ancho de banda variable, usualmente maior que o mínimo teórico necesario, o que permite aumentar a resistencia da transmisión contra ruído e interferencias, optimizando o consumo do dispositivo. Mentres que LoRa implementa o necesario a nivel físico, LoRaWAN traballa a nivel de ligazón e rede, encargándose de xestionar o envío e recepción de paquetes.

A pila LoRa/LoRaWAN está implementada nunha importante variedade de módulos sen fíos, que permiten conectar facilmente equipos electrónicos, incluíndo plataformas como Arduino ou Raspberry Pi.

Sobre a devandita pila existen aplicacións desenvolvidas a través de iniciativas, como The Things Industries ou Chirpstack, que están a ser utilizadas para crear redes de dispositivos IoT por todo o mundo. Na xornada entraredes en contacto con LoRa e LoRaWAN e poderedes decidir se sumarvos a esta iniciativa de conectividade a nivel mundial.

Programa

Inscrición

 

Details

Date:
13/09/2022
Time:
9:30h. - 10:30h.

Próximos eventos

Eventos anteriores