Quen é o responsable do tratamento?

Responsable: Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
NIF: CIF Q1500256A
Enderezo: Rúa Avelino Pousa Antelo, nº5, 15707, Santiago de Compostela
Teléfono:  981 541 500
Correo electrónico: protecciondedatos.inega@xunta.gal

Cal é a finalidade e lexitimación coas que tratamos os seus datos?

  • Xestionar as solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas que se formulen a través do formulario de “Contacto” e do resto de medios habilitados na web para contactar coa entidade. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque otorgounos o seu consentemento.
  • Xestionar a seguridade da páxina web. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque temos unha obriga legal de velar pola seguridade dos datos persoais recollidos, neste caso, a través da interacción das persoas usuarias da páxina web.

Durante canto tempo conservaremos os seus datos?

Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para acadar a finalidade indicada no apartado anterior.

A que destinatarios comunicaranse os seus datos?

Comunicaranse os seus datos aos nosos encargados do tratamento cando sexa necesario para a correcta prestación dos servizos contratados a estes. Non se van ceder os seus datos a terceiros.

Realizaranse transferencias internacionais de datos?

Non se realizarán transferencias internacionais dos seus datos.

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais?

  • Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.
  • Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
  • Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos, incluído o dereito ao esquecemento.
  • Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
  • Limitación do Tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis alá da mera conservación dos mesmos.
  • Dereito a retirar o seu consentimento: dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento, dirixíndose por escrito á dirección do responsable do tratamento, os tratamentos efectuados previamente seguirán sendo válidos.

Onde poderá exercitar os seus dereitos?

O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito, dirixindo un correo postal á rúa Avelino Pousa Antelo, nº5, 15707, Santiago de Compostela ou ao correo electrónico protecciondedatos.inega@xunta.gal. O INEGA pon á súa disposición modelos para a realización do exercicio de dereitos que poden obterse no enderezo indicado ou a través do correo electrónico indicado anteriormente. Para máis información: www.aepd.es.

Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control?

No caso de que non se respectasen os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es. En ambos os casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

Información adicional relativa ao tratamento dos seus datos persoais?

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.