A Materioteca de Galicia é un espazo de difusión de materiais innovadores que combina unha exposición e arquivo de mostras clasificadas con servizos especializados para
facilitar a transferencia de tecnoloxías de materiais ao tecido empresarial e estimular a innovación intersectorial.

A súa creación é unha iniciativa da Xunta de Galicia que responde á necesidade de dinamizar a implantación dos materiais innovadores na empresa galega a través do deseño, partindo de que estes son claves na industria 4.0 e na transformación dixital das pemes pola súa capacidade para incrementar a competitividade en todos os sectores económicos.

Galicia alíñase así coa Política Industrial Europea e coa Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e de Innovación, que recoñecen os novos materiais como unha tecnoloxía facilitadora esencial e como motor de innovación, competitividade e sustentabilidade.

Na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia-RIS3, na Estratexia Galega de Economía Circular e na Axenda Galicia Industria 4.0 os novos materiais destácanse como un campo de coñecemento emerxente e de alto potencial industrial.

A Materioteca de Galicia está situada en Ferrol, no CIS Tecnoloxía e Deseño, a entidade de referencia do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

Accede aquí á web da Materioteca de Galicia: www.materioteca.gal

Contacto

Materioteca de Galicia
materioteca.gain@xunta.gal
+ 34 981 337 133
www.materioteca.gal