Compartimos espazos

Nas nosas instalacións acollemos a organizacións e entidades de diferentes ámbitos cun denominador común: a aposta pola I+D+i e a formación especializada en novas tecnoloxías.

Actualmente nos acompañan:

ACLUNAGA (Asociación cluster do naval gallego)

Un punto de encontro para a mellora tecnolóxica e a investigación, sofisticación produtiva e melloras de eficiencia.

http://www.aclunaga.es/

CESENA (Centro de excelencia do sector naval)

Ten a misión de impulsar, apoiar e dinamizar a transformación dixital na industria naval española fomentando a colaboración entre os distintos axentes do sector, e desta forma, dotar ao mercado español das mellores prácticas do uso das tecnoloxías dixitales.

https://new.siemens.com/es/es.html

CLUERGAL (Cluster de enerxías renovables de Galicia)

Cuxo obxectivo e o desenvolvemento de proxectos conxuntos entre os seus membros, o fomento da sustentabilidade enerxética, a mellora da competitividade do sector e a promoción dunha contorna socioeconómica e normativa adecuada para o desenvolvemento da industria enerxética.

https://www.cluergal.org/

NAVANTIA

Na súa aposta polo estaleiro 4.0, o xemelgo dixital é un concepto clave. Consiste no desenvolvemento dunha réplica virtual en 3D dun produto físico, mediante a aplicación de tecnoloxías como a Intelixencia Avanzada ou Internet of Things permite entrelazar a contorna física do produto co virtual.

https://www.navantia.es/es/navantia-4-0/astillero-4-0/gemelo-digital/

 

ASIME (Asociación de Industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia)

Formada por máis de 600 empresas asociadas representativas dos diferentes sectores que conforman a industria do metal e as súas tecnoloxías asociadas cuxa principal labor é a defensa tanto corporativa como individual dos seus asociados a través de distintos departamentos especializados (seguridade, formación, calidade,  medioambiente, entre outros).

www.asime.es

UDC  (Universidade da Coruña) – Laboratorio do grupo de Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade

A Universidade da Coruña conta co Laboratorio de  Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade que ven de instalarse nun dos nosos espazos dispoñibles. Este laboratorio, acreditado pola  ENAC, ofrece unha ampla e  variada gama de servizos principalmente no campo dos combustibles líquidos,  gasosos e biocombustibles sólidos. Igualmente desenvolven traballos de asesoría e investigación para terceiros ou dentro de programas de I+D+i.

https://www.labcomb.es

POLO DE EMPRENDEMENTO DE APOIO AO EMPREGO RÍAS ALTAS E ARCO ÁRTABRO

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Rías Altas e Arco Ártabro é unha iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia que pretende impulsar o crecemento socioeconómico de Galicia pendente de explorar e captar e reter o inmenso talento e capital humano da  comunidade. Este programa está deseñado para brindar recursos e ferramentas aos emprendedores e empresas locais co fin de axudalos a desenvolver os seus proxectos empresariais e mellorar a súa capacidade para crear emprego e xerar riqueza na rexión.

https://polosemprendemento.gal