Xestión de I+D+i
Traballamos para converternos nun socio estratéxico na xestión de I+D+i e orientámonos a potenciar as actividades de I+D+i como un factor diferencial de competitividade das empresas.
Utilizamos ferramentas e recursos das diferentes Áreas da Axencia Galega de Innovación como forma de ampliar os referentes de innovación dispoñibles para as empresas e entidades galegas.
Formación e Difusión
Apoiamos a capacitación de estudantes, titulados, investigadores e profesionais a través de actividades de difusión, sensibilización e formación nas nosas áreas de coñecemento.
Emprendemento
Nas nosas instalacións dispoñemos de espazos de co-working para apoiar o emprendemento e a aceleración de start-ups especialmente nos ámbitos do deseño e das tecnoloxías. Ofrecemos asesoramento tecnolóxico a proxectos da red de aceleradoras da Axencia Galega de Innovación.