Proxectos de I+D+i

OPEN LABS

OPEN LABS

 

 

 

 

Descrición

A Axencia Galega de Innovación a través do CIS Tecnoloxía e Deseño (CIS) participa no proxecto europeo OPENLABS “Open Pilot Labs Network: Red aberta de laboratorios industriais para a transformación dixital e sostible das empresas da eurorrexión” financiado por FEDER dentro do VI Programa de Cooperación España – Portugal (POCTEP) 2021 – 2027.

O principal obxectivo deste proxecto é apoiar a innovación nas empresas industriais da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para impulsar novas formas de produción e prestación de servizos que permitan avanzar cara á dixitalización e ao desenvolvemento sostible. Para iso, porase a disposición da comunidade empresarial e emprendedora unha rede de laboratorios de procesos avanzados e un programa de apoio á innovación a través do cal as empresas mellorarán as súas capacidades e probarán casos de uso para a implantación de solucións innovadoras en contornos preindustriais.

Socios

  • Centro Tecnológico de Automoción de Galicia. CTAG. Beneficiario principal
  • Axencia Galega de Innovación (GAIN) – CIS Tecnoloxía e Deseño
  • Centro de Computación Gráfica.
  • Universidade do Porto
  • Grupo de Organización do Coñecemento da Universidade de Vigo

O proxecto porá en marcha un proceso aberto e transfronteirizo en 2 convocatorias a través das cales serán seleccionadas as 30 mellores propostas de innovación de empresas e emprendedores para deseñar, desenvolver, perfeccionar e implantar produtos, servizos e/ou procesos innovadores que queiran lanzar ao mercado e que respondan aos retos dos sectores priorizados na RIS3.

As empresas seleccionadas participarán nun novedoso programa de formación e innovación que consistirá nun conxunto de servizos de orientación, formación e probas nun entorno preindustrial baseados en metodoloxías innovadoras como “LEAN” ou “design thinking” entre outras, e con que poderán pasar dos TRL 4-6 aos TRL 8-9.

Orzamento

960.950,55 € dos cales FEDER financia o 75%

Periodo

Setembro de 2023 – 31 de agosto de 2026

Sitio web: https://www.openlabs-network.com/#/

TWIN NAVAUX

TWIN NAVAUX

Logo Interreg - Poctep

Descrición

O proxecto TWIN NAVAUX cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, ten como obxectivo promover o uso do xemelgo dixital na industria auxiliar naval de Galicia – Norte de Portugal, establecendo as condicións tecnolóxicas e de I+D+i, de formación humana e empresarial necesarias para facilitar a implantación xeral do xemelgo dixital do produto no sector naval auxiliar.

Para iso, identificará a situación xeral de implantación das tecnoloxías que facilitan o xemelgo dixital; definirá cales son os compoñentes básicos para a súa implantación; estudará os posibles proxectos reais de implantación das DG e unha folla de ruta para a dita implantación; e facilitará ao sector a identificación e adaptación dos perfís profesionais máis afectados por esta transición así como a avaliación económica ou retorno do investimento derivado da implantación dos GD.

Socios

  • Axencia Galega de Innovación – CIS Tecnoloxía e Deseño. Beneficiario principal
  • Asociación Clúster Naval de Galicia (ACLUNAGA)
  • Universidade da Coruña
  • Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalúrxica (CATIM)
  • Universidade Portucalense Infante Dom Henrique
  • Ibercisa Deck Machinery SA
  • Industrias Ferri SA
  • Electrorayma, SL

Orzamento

1.386.666,38€

Periodo

2023 – 2025

GREENHUB

GREENHUB

Descrición

O proxecto GreenHUB, cofinanciado polo programa POCTEP 2021-2027, contribuirá á creación dun centro de Excelencia en Economía Circular que promova novas dinámicas de I+D+i para garantir a valorización dos recursos e residuos dispoñibles na rexión con potencial de aplicación en sectores diversos como son: automoción, aeronáutico, naval, téxtil, alimentación, mobiliario, construción e arquitectura.

Este proxecto permitirá explorar competencias complementarias e promover a transferencia de coñecemento, aumentando o nivel de cooperación en I+D+i entre as entidades e organismos participantes, para facilitar a súa evolución e potenciar a súa contribución ao desenvolvemento económico da eurorexión.

Socios

  • Pólo de Inovaçao em Engenharia de Polímeros (PIEP). Beneficiario principal
  • Axencia Galega de innovación – CIS Tecnoloxía e Deseño
  • Axencia Galega da Industria Forestal – CIS Madeira
  • Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG)

Orzamento

1.120.319,15€

Periodo

2023 – 2026

ENTERPRISE EUROPE NETWORK: EEN-GALACTEA PLUS

PROGRAMA SINGLE MARKET PROGRAMME (SMP COSME)


Descrición

A Enterprise Europe Network é a rede máis grande de puntos de contacto que proporcionan información e asesoramento ás pemes para axudarlles a ser máis competitivas desenvolvendo a súa capacidade innovadora e accedendo a novos mercados. GAIN participa nesta rede a través de EEN-GalacteaPlus, consorcio que dá cobertura ao noroeste de España.

Socios

  • Axencia Galega de Innovación (GAIN)
  • CAMARA Cantabria
  • CEG
  • CEOE Castilla y León
  • CEOE-CEPYME Cantabria
  • FADE
  • FICYT
  • ICE Castilla y León
  • IDEPA
  • SODERCAN

Orzamento

669.960,29€

Periodo

xaneiro 2022 – xuño 2025

http://www.galacteaplus.es/

NAVEGANDO O FUTURO

INTERREG ESPAÑA PORTUGAL (POCTEP) 2014 – 2020

Descrición

“Consolidación da transición tecnolóxica naval mediante o fomento de vocación, consolidación de capacitación tecnolóxica e micro-innovación” é un proxecto europeo que xurde co propósito de capitalizar e consolidar os beneficios de “Manufactur 4.0” para o tecido empresarial do sector naval. Está financiado polo FEDER no marco do Programa POCTEP 2014-2020.

Neste proxecto GAIN é o beneficiario principal. Os outros socios son a Asociación Cluster Naval Gallego (ACLUNAGA) e o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM). O proxecto iniciouse o 8 de marzo do 2023 e rematará o 30 de xuño do 2023.

Obxectivo

O obxectivo deste proxecto é a consolidación da transición tecnolóxica naval mediante o fomento da vocación, a consolidación da capacitación tecnolóxica e a micro–innovación. Para acadar tales obxectivos se desenvolverán as seguintes accións:

8 accións demostrativas do uso de TFE no naval para estudantes de educación superior/terciaria

2 accións de adquisición de competencias para compras tecnolóxicas complexas, para traballadores do sector naval.

2 bootcamps sobre compras tecnolóxicas complexas

1 hackathon sobre solucións tech-saving aplicadas ó naval.

Orzamento

199.868,95 €

Período

Marzo – Setembro do 2023

Vídeo resumen do proxecto: Vídeo final Navegando o Futuro

DESIGN FOR INNOVATION

INTERREG EUROPE

Descrición

Proxecto de intercambio de coñecemento entre as rexións participantes co fin de identificar as mellores prácticas nos mecanismos de apoio ao deseño nas pemes e avaliar a integración de instrumentos de apoio para o deseño nos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER.

Socios

  • PDR, Cardiff Metropolitan University (líder)
  • Axencia Galega de Innovación – CIS Tecnoloxía e Deseño
  • Investment and Development Agency of Latvia (LIAA)
  • Marshal’s Office of Silesia Region, Silesian Government
  • Flanders Innovation & Entrepreneurship
  • KEPA – Business and Cultural Development Centre
  • Valletta Cultural Agency
  • Barcelona Design Centre

Orzamento

1,717,514€

Periodo

2017-2021

https://www.interregeurope.eu/design4innovation/

MAINGAP

interreg españa – portugal poctep

Descrición

Proxecto no que administracións, asociacións profesionais e centros de coñecemento traballarán para intensificar as relacións entre os centros de investigación e as empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dos sectores estratéxicos implicados (automoción e aeronáutico). A finalidade é xerar un efecto incentivador da implantación de solucións tecnolóxicas de vangarda que respondan aos grandes desafíos que supón avanzar cara á Industria 4.0.

Socios

  • CTAG – Centro Tecnológico de Automoción de Galicia. Beneficiario principal
  • Axencia Galega de Innovación (GAIN) – CIS Tecnoloxía e Deseño
  • CEEIA- Centre of Engineering and Product Development
  • CCG – Centro de Computação Gráfica Uminho

Orzamento

1.286.952€

Periodo

Febreiro 2019 – Xullo 2022

https://www.maingap.eu/

USERFACTOR

INTERREG ATLANTIC AREA

Descrición

Proxecto para o fortalecemento da innovación en pequenas e medianas empresas incentivando o uso do deseño como ferramenta para a innovación dirixida polo usuario. A través dun proceso de intercambio de coñecementos entre axencias rexionais de innovación, desenvólvense 8 accións piloto de apoio ao deseño nas que se inclúe a 200 pemes da Área Atlántica co obxectivo de axudarlles a ser máis innovadoras e competitivas.

Socios

  • PDR, Cardiff Metropolitan University. LIDER
  • Axencia Galega de Innovación – CIS Tecnoloxía e Deseño 
  • Chamber of Commerce and Industry of Brittany
  • Enterprise Ireland
  • Scottish Enterprise
  • Innovalia
  • Department of Finance, Northern Ireland
  • Sociedade Portuguesa de Inovação

Orzamento

2.086.241€

Periodo

2017-2021

https://userfactor.eu/

ENTERPRISE EUROPE NETWORK- GALACTEA PLUS

PROGRAMA COSME Y PROGRAMA HORIZON 2020-EEN

Logo EEN

Descrición

A Enterprise Europe Network é unha rede de apoio ao tecido científico-empresarial de Europa creada no 2008. Os seus servizos están deseñados pensando especialmente nas pemes, mais tamén se dirixen a outras empresas, centros tecnolóxicos e universidades. GAIN participa nesta rede a través de Galactea-Plus, consorcio que lle dá cobertura ao noroeste de España.

Socios

    • ICE Castilla y León
    • Axencia Galega de Innovación (GAIN)
    • CAMARA CANTABRIA
    • CEOECANT
    • FADE
    • FICYT
    • IDEPA
    • SODERCAN
    • TECNOPOLE

Orzamento

217.232 (Galactea Plus) + 20.635 (Galactea Plus Kam)

Periodo

Xaneiro 2020 – Decembro 2021

http://www.galacteaplus.es/

SHERPA DO MAR

interreg españa portugal poctep

Descrición

Proxecto para a creación dunha plataforma eurorrexional de fomento da competitividade no eido mariño-marítimo a través do impulso de empresas de base tecnolóxica.

Socios

    • Universidade de Vigo
    • Axencia Galega de Innovación (GAIN) – CIS Tecnoloxía e Deseño
    • Consorcio Zona Franca de Vigo
    • Universidade de Santiago de Compostela
    • Universidade de A Coruña
    • UPtec – Associação de Transferência de Tecnologia da Asprela 
    • Universidade do Porto
    • CIIMAR-Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental 
    • Fórum Oceano – Associação da Economia do Mar 

Orzamento

997.148€

Periodo

Abril 2017- Decembro 2021

MANUFACTUR 4.0

interreg españa- portugal poctep

Descrición

Proxecto para a transferencia de maneira efectiva á industria do sector naval e metalmecánico de novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo como exemplos reais e medibles das melloras que pode proporcionar a I+D+i.

Socios

  • Axencia Galega de Innovación (GAIN) – CIS Tecnoloxía e Deseño. Beneficiario principal
  • Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN)
  • Asociación Clúster Naval Gallego (ACLUNAGA)
  • Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM)
  • Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores, Tecnologia e Ciência (INESC TEC)
  • Agência Nacional de Inovação (ANI)

Orzamento

2.030.649€

Periodo

Xullo 2017 – Decembro 2020

Video final MANUFACTUR 4.0

+ Info

NANOEATERS

interreg españa- portugal poctep

Descripción

NANOeaters promove a colaboración entre centros de investigación e pemes innovadoras (early adopters), apoiando ás empresas no proceso de transferencia de tecnoloxía. O obxectivo é a aplicación comercial destes coñecementos a novos produtos e servizos que proporcionen solucións efectivas ás debilidades identificadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e Norte de Portugal.

Socios

    • Axencia Galega de Innovación (GAIN) – CIS Tecnoloxía e Deseño. Beneficiario principal
    • International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL)
    • Universidade de Vigo
    • Universidade de Santiago de Compostela
    • Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT)
    • Fundación para la promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de Automoción de Galicia (CTAG)
    • Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN)
    • Fundación Biomédica Galicia Sur (FBGS)

Orzamento

3.191.813€

Periodo

Xullo 2017 – Decembro 2019

+ Info

ENTERPRISE EUROPE NETWORK- GALACTEA PLUS

ENTERPRISE EUROPE NETWORK

Descrición

A Enterprise Europe Network é unha rede de apoio ao tecido científico-empresarial de Europa creada no 2008. Os seus servizos están deseñados pensando especialmente nas pemes, pero tamén se dirixen a outras empresas, centros tecnolóxicos e universidades. GAIN participa nesta rede a través de Galactea-Plus, consorcio que lle dá cobertura ao noroeste de España.

Socios

  • ICE Castilla y León
  • Axencia Galega de Innovación – CIS Tecnoloxía e Deseño. Coordinadores del proyecto.
  • CAMARA CANTABRIA
  • CEOECANT
  • FADE
  • FICYT
  • IDEPA
  • SODERCAN
  • TECNOPOLE

http://www.galacteaplus.es/

O proxecto Galactea- Plus finánciase con fondos europeos en contratos bianuais renovables. Dende o 2015 engádese financiamento para desenvolver o instrumento KAM.

Galactea-Plus 2008-2010

Convocatoria:ENT/CIP/07/0001
Programa:CIP
Periodo: xaneiro 2008 – decembro 2010
Financiación EU: 245.137

Galactea-Plus 2011-2012

Convocatoria:CIP-EIP ENT/CIP/10/B/N01C00
Programa:CIP
Periodo: xaneiro 2011 – decembro 2012
Financiación EU: 175.681

Galactea-Plus 2013-2014

Convocatoria:CIP-EIP ENT/CIP/12/B/N01C00
Programa:CIP
Periodo: xaneiro 2013 – decembro 2014
Financiación EU : 175.681

Galactea-Plus 2015-2016

Convocatoria: COS-Adhoc-2014-2020
Programa:COSME
Periodo: xaneiro 2015 – decembro 2016
Financiación EU:148.484

Galactea-Plus KAM 2015-2016

Convocatoria: H2020-Adhoc-2014-20
Programa: Horizon 2020
Periodo: xaneiro 2015 – decembro 2016
Financiación EU:26.416,25

Galactea-Plus 2017-2018

Convocatoria:COS-EEN-SGA2-2016-2-01
Programa:COSME
Periodo: xaneiro 2017 – decembro 2018
Financiación EU:204.934

Galactea-Plus KAM 2017-2018

Convocatoria:H2020-EEN-SGA2-2017-2018
Programa:Horizon2020
Periodo: xaneiro 2015 – decembro 2016
Financiación EU:20.241,25

Galactea-Plus 2019

Convocatoria:COS-EEN-SGA3-2018-2-01
Programa:COSME
Periodo: xaneiro 2019 – decembro 2019
Financiación:204.934

Galactea-Plus KAM 2019

Convocatoria:H2020-EEN-SGA3-2018
Programa:Horizon 2020
Periodo: xaneiro 2019 – decembro 2019
Financiación: 20.241,25

FUTUREFACING

ERASMUS +

Descrición

Proxecto de transferencia de coñecemento (acabados e recubrimentos) e de promoción da innovación en produto final da industria da madeira, deseñado con base nas demandas do sector e en liña coas necesidades da industria da madeira.

Socios

  • Axencia Galega de Innovación (GAIN) – CIS Tecnoloxía e Deseño. Coordinador
  • XERA (Axencia Galega da Industria Forestal)
  • XFPIE (Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa)
  • Rakvere. La mayor institución de educación profesional en el condado de West-Viru, Estonia
  • ILVA. Fabricante italiano especializado en la producción de barnices y acabados industriales para la madera.
  • FINSA. Fabricante de productos derivados de la madera (melamina, laminados decorativos…)
  • BCF (British Coatings Federation). Reino Unido

Periodo

Setembro 2016 – Agosto 2019

http://gain.xunta.gal/artigos/346/futurefacing

FAROS

Human Factors in Risk-Based Design Methodology

P 7 – Sustainable Support Transport [SST.2012.4.1-1.][Human element factors in shipping safety]

Descrición

O proxecto tiña como finalidade fornecer escenarios, sistemas e modelos de realidade virtual para a realización de experimentos con mariñeiros, de tal forma que se puidesen efectuar ensaios que proporcionasen resultados sobre a seguridade e os factores de deseño mediante o uso de datos experimentais, simulacións, modelos paramétricos de deseño de barcos e procesos de optimización para integrar o factor humano no proceso de deseño conceptual.

Socios

  • BBL: Brookes Bell LLP, project co-ordinator
  • Axencia Galega de Innovación (GAIN) – CIS Tecnoloxía e Deseño
  • AALTO: Aalto-Korkeakoulusaatio.
  • AMC: Alfa Marin Technikh Symvouleytikh Meleton Kai Ergon Epe
  • DBL: Deep Blue SRL
  • HSW: Hochschule Wismar – Fachhochschulefur Technik, Wirtshaft Und Gestaltung
  • LR: Lloyd’s Register EMEA
  • NAP: Naval Architecture Progress
  • TLG: Tallink Grupp AS
  • UCL: University College London
  • UoS: University of Strathclyde
  • VTT: Teknologian Tutkimuskeskus VTT

Periodo

Novembro 2012 – Outubro 2015

http://www.faros-project.eu/

FISIOROB

Sistema Robótico de Asistencia en Rehabilitación Clínica

feder interconecta 2013

Descrición

O proxecto buscaba combinar os avances en robótica cos de desenvolvemento de sistemas de realidade virtual aplicados á recuperación fisiolóxica de pacientes. Isto facíase a través do desenvolvemento dun sistema robotizado de rehabilitación que incorporaba realidade virtual e monitorización do paciente e abranguía todas as etapas do proceso, ademais de recoller información que se lle ofrecía ao persoal médico.

Socios

  • POVISA (Coordinador).
  • Axencia Galega de Innovación (GAIN) – CIS Tecnoloxía e Deseño (Subcontratación Tecnológica)
  • EMTE Sistemas.
  • IZMAR.
  • BALIDEA.
  • Grupo I3TE.
  • AEQUS Robótica.
  • Centro Tecnológico AIMEN (Subcontratación Tecnológica).
  • UVIGO (Subcontratación Tecnológica).

Periodo

Abril 2013 – Xuño 2015

MSP, CSP, CIPSOA

rexional

Descrición

Desenvolvemento de diversos proxectos de captura, rexistro e tratamento de datos procedentes de sensores co obxectivo de facer control de calidade de produtos e procesos. Traballouse fundamentalmente en proxectos para control de calidade de soldadura (soldadura por resistencia e soldadura ao arco)

SINUS I y SINUS II

INVESTIGACIÓN DE TÉCNICAS END BASEADAS EN PRINCIPIOS ELECTROMAGNÉTICOS. DESENVOLVEMENTO DUN SISTEMA DE EVALUACIÓN AUTOMÁTICA E RECOÑECEMENTO DE PADRÓNS

plan galego de idt, pgdit

Descrición

Desenvolvemento dunha plataforma para inspección non destrutiva baseada en efectos electromagnéticos. Utilizáronse técnicas de correntes inducidas e perdas de fluxo magnético.
Na primeira fase do proxecto leváronse a cabo desenvolvementos electrónicos e de software para investigar a efectividade desta técnica sobre pezas con defectos coñecidos.
Na segunda fase do proxecto desenvolveuse un equipo electrónico compacto que obtiña sinais das sondas e que se conectaba por USB a un ordenador; este dispoñía dun software, tamén desenvolvido no proxecto, que facilitaba a automatización da inspección.

Socios:

  • FUNDACIÓN FOMENTO CALIDADE – CIS Tecnoloxía e Deseño
  • AIMEN

Período:

Agosto 2009 – Outubro 2011

DIAPASOM

plan galego de idt – pgdit

Descrición

O proxecto DIAPASOM baseábase no uso de ferramentas TIC para a caracterización dos procesos de soldadura ao arco efectuados de forma manual, medindo parámetros do proceso e calculando unha serie de valores.
Desenvolveuse un equipo portátil con sensores conectados á máquina de soldadura manual que levaba incorporado un software destinado a capturar datos dos sensores e a obter parámetros da calidade do proceso e da súa execución.
Este equipo tiña por finalidade avaliar de forma obxectiva as habilidades dun soldador manual como xerador de informes técnicos de apoio en procesos de homologación de soldadores e como método de verificación de parámetros e prediagnóstico de soldaduras críticas.

Socios:

  • FUNDACIÓN FOMENTO CALIDADE (CIS TECNOLOXÍA E DESEÑO)
  • AIMEN
  • UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Período:

Setembro 2008 – Outubro 2011

FOTOV- CONTROL DE ENERXÍA INXECTADA Á REDE MEDIANTE ALMACENAMENTO INTELIXENTE

plan galego de idt – pgdit

Descrición

Desenvolvemento dun controlador para inxección de enerxía constante á rede dende instalacións fotovoltaicas mediante sistemas eficientes de acumulación.
A produción de enerxía renovable leva experimentando un incremento nos últimos anos, así como as regulacións legais, que obrigan aos produtores a entregaren con antelación unha predición da enerxía que inxectarán á rede. Coa enerxía eólica esta predición xa se levaba a cabo dun modo regular, mais respecto da enerxía fotovoltaica eran necesarias novas estratexias.
Neste proxecto utilizouse un modelo meteorolóxico para a devandita predición, e dado que o modelo estaba suxeito a variacións, o mecanismo que se propoñía era o almacenamento da enerxía producida en exceso en relación coa prevista, que sería utilizada nos momentos de carencia, lográndose así unha maior aproximación á predición.
O proxecto constituíu un exemplo de transferencia de resultados pola colaboración coa USC, tanto en modelos meteorolóxicos coma en desenvolvemento de hardware.

Socios:

  • FUNDACIÓN FOMENTO CALIDADE- CIS Tecnoloxía e Deseño
  • UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Período:

Xaneiro 2007 – Setembro 2010

CETROS - CÉLULA TRANSPORTABLE PARA ROBOTIZACIÓN DE SOLDADURA

plan galego de idt- pgdit

Descrición

No proxecto CETROS desenvolveuse unha célula de soldadura transportable adaptada ao mundo das grandes pezas da industria.
Este robot, coa súa máquina de soldadura, desprazábase sobre unha plataforma con eirugas cara ao lugar onde tería que realizarse a actuación, en vez de repetir a mesma secuencia unha e outra vez.
Para a fase de deseño construíuse unha ferramenta de simulación que permitía comprobar a accesibilidade ás pezas prototipo. Un fallo de soldadura sobre unha peza grande supón una gran perda, por iso debe realizarse correctamente; daquela desenvolveuse un sistema de rexistro de parámetros de soldadura para verificar que se realizara cos parámetros correctos.
Dado que as soldaduras son únicas, cada programa de robot usábase unha soa vez, de maneira que se desenvolveron ferramentas para autoguiado e programación rápida.

Socios:

  • FUNDACIÓN FOMENTO CALIDADE- CIS Tecnoloxía e Deseño
  • AIMEN
  • ANEODYN

Período:

Outubro 2006 – Decembro 2009

CADIVAFOR

Catalogación, dixitalización e valorización das fortalezas defensivas da fronteira Galicia – Norte de Portugal

interreg poctep galicia-norte de portugal

Descrición

Desenvolvemento de simulacións virtuais para a divulgación do patrimonio fronteirizo entre España e Portugal empregando ferramentas de realidade virtual e aumentada. Realizouse, entre outras, a visita virtual ao Castelo de San Filipe de Ferrol. Elaborouse, así mesmo, un formato de Base de Datos para a identificación, descrición, valoración e xestión do patrimonio militar histórico.

Socios

  • FUNDACIÓN FOMENTO CALIDADE – CIS Tecnoloxía e Deseño
  • CIEFAL.Centro Internacional de Estudios de Fortificación y Apoyo Logístico (Patrimonio histórico) dependiente del Consejo Internacional de Monumentos y Sitios (ICOMOS), en su Comité Nacional de España (órgano asesor de la UNESCO)
  • Escola Superior GALLAECIA.PT

Periodo

Setembro de 2005 – Decembro de 2008

MSP- MONITORIZACIÓN DE SOLDADURA POR PUNTOS

Programa galego de IDT – PGDIT

Descrición

O proxecto tiña por obxectivo crear unha ferramenta software e hardware para poder diagnosticar a calidade da soldadura de puntos por resistencia e como apoio a proxectos posteriores de diagnóstico e control de calidade automático.
A intervención na máquina de soldadura foi mínima; medíanse voltaxe e intensidade, o que facía posible calcular a evolución da resistencia dinámica. Este parámetro permitía comprobar se se formara unha unión ou se había perdas de material por proxeccións. Facilitaba a optimización dos tempos para unha mellora de consumo de enerxía. O sistema tamén permitía incorporar outros parámetros, como a presión das pinzas sobre a peza.
O proxecto foi premiado en EUROJOIN 2006 como mellor proxecto de investigación aplicada.

Socios

  • FUNDACIÓN FOMENTO CALIDADE – CIS Tecnoloxía e Deseño
  • AIMEN

Periodo

Xaneiro 2002 – Setembro 2004

Background