Onde estamos

Atopámonos nunha contorna privilexiada, na enseada da Malata, na ría de Ferrol. A singular e innovadora arquitectura do edificio do CIS Tecnoloxía e Deseño confírelle unha estética moi atractiva que, xunto coa súa situación próxima á autovía e unha zona de aparcamento exterior, facilitan un inmellorable acceso e un ambiente perfecto para un traballo creativo e innovador.
Cunha superficie de case 10.000 m2, alberga laboratorios, talleres, espazos de demostración e colaborativos para o emprendemento, ademais de contar con diversas salas de gran versatilidade para a celebración de diferentes tipos de eventos: congresos, convencións, xornadas, presentacións, seminarios etc.
Background
Background

¿Necesitas un espazo?

Consulta aquí a variedade de espazos dispoñibles para a celebración dos teus eventos