Luisa Areán. Profesora de Formación e Orientación Laboral do IES Aller Ulloa
“Pareceume unha visita moi interesante é motivante para os meus alumnos de ciclos de informática. Como profesora de Formación e Orientación Laboral, os meus obxectivos, á hora de solicitar a visita, eran 2: un deles, mostrarlle unha posible liña de formación e especialización profesional; o outro, que tivesen contacto co traballo en I+D+I que se desenvolve no CIS, para que valorasen a súa importancia de cara ao mellor posicionamento das empresas galegas nun mercado cada vez máis global e esixente. Creo que os dous obxectivos se conseguiron, xa que algúns deles remataron a visita coas gañas de facer algunha das formacións que ofrece o CIS para aprender a traballar coas aplicacións que se usan na realidade virtual e a realidade aumentada. Por outro lado tocoulles a fibra, xa que a maioría son moi afeizoados aos videoxogos e identificaron nestes xogos, moitas das técnicas presentadas na visita.“