O CIS Tecnoloxía e Deseño naceu, entre outros, co obxectivo de axudar ás empresa galegas na adopción de novas tecnoloxías que mellorasen o seu funcionamento e por tanto os seus resultados.

Nos últimos anos a área de Industria Dixital do CIS Tecnoloxía e Deseño especializouse en realidade virtual e aumentada, así como noutras técnicas e tecnoloxías como análise de datos, sensórica ou integración hardware – software que complementan e enriquecen a estas.

Desenvolve aplicacións virtuais con destino, principalmente, a asociacións, agrupacións industriais, entidades sen ánimo de lucro, así como para a propia administración autonómica, e participa en proxectos internacionais de I+D+i.

Un exemplo de desenvolvemento que aúna todas as características previamente comentadas son os simuladores de pintado e vernizado que creou con destino aos centros de F. P. galegos, desenvolvidos dentro de dous proxectos ERASMUS+, e que se están complementando actualmente cun terceiro simulador baixo o auspicio dun proxecto INTERREG.

Outra mostra son os demostradores de realidade virtual e aumentada, enfocados nos sectores naval e automoción, xerados dentro de dous proxectos INTERREG.

A maiores o CIS Tecnoloxía e Deseño, co fin de facilitar ás empresas a súa actualización tecnolóxica, realiza o testeo de novos dispositivos de realidade virtual e/ou aumentada, desde os máis sinxelos (dispositivos móbiles, lentes Google Cardboard) ate os máis avanzados (Microsoft Hololens, HTC Vive). Isto permítelle aconsellar ás empresas en cada caso a mellor solución para cada simulación.

Os campos abarcados son moi amplos, pois as simulacións de realidade virtual e aumentada poden ter utilidade en moitas áreas da empresa (deseño, planificación, formación, PRL,…) e en case calquera sector: fabricación, turismo, formación, comunicación, medicina, etc.

Casos de éxito

Demostradores