Última xornada de presentación dos pilotos de Xemelgo Dixital que desenvolveron as universidades de A Coruña e Portucalense para as empresas Electrorayma, Ferri e Ibercisa dentro do proxecto Twin NavAux. Nesta ocasión, realizase en Vigo, nas instalacións de Ibercisa Deck Machinery S.A. o xoves 18 de decembro, ás 11:00 h.

A xornada está aberta á participación de todas as persoas interesadas en coñecer esta nova tecnoloxía, que poden inscribirse a través deste formulario:

https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/intranet/campan/inscribir/194

Xornada de presentación en Vigo

Durante cerca de 2 horas, poderanse ver os pilotos de Xemelgo Dixital das empresas Industrias Ferri, Electrorayma e Ibercisa do proxecto Twin NavAux.

Axenda xoves 18 de decembro:

  • Presentación do proxecto Twin NavAux.
  • Pilotos Xemelgo Dixital.
  • Piloto Electrorayma.
  • Piloto Ferri.
  • Piloto Ibercisa.
  • Aperitivo networking.

As personas que se acheguen a Vigo terán a oportunidade de entrar en contacto con tres casos reais desta nova tecnoloxía dixital e comprobar se pode ser interesante para as súas empresas comezar a traballar neste campo.

Os xemelgos dixitais que se verán corresponden a un cabrestante dunha plataforma eólica mariña de Ferri, un sistema de control de auga de refrixeración dun buque de Electrorayma e unha máquina estibadora con control de tensión de Ibercisa.

Aínda que o proxecto se centra na industria auxiliar do naval, os pilotos xerados e o coñecemento obtido con estos desenvolvementos teñen aplicabilidade noutras moitas industrias da Eurorrexión.

Xemelgos Dixitais de produto deo proxecto Twin NavAux

O proxecto TWIN NAVAUX, cofinanciado por la Unión Europea a través del Programa Interreg VI-A España-Portugal POCTEP 2021 – 2027, céntrase en impulsar o uso do Xemelgo Dixital (Digital Twin) na Industria Auxiliar Naval de Galicia e Norte de Portugal.

Para alcanzar este obxectivo, entre outras actuacións, deseñáronse e xeráronse tres Xemelgos Digitais sobre tres prodctos que desenvolven Electrorayma, Ferri e Ibercisa para os seus clientes.

Estos pilotos sentan as bases para o desenvolvemento de novas solucións e futuros proxectos basadas en Xemelgos Dixitais dentro do sector naval, apostando pola dixitalización e os sistemas predictivos, os cales permiten testear funcionalidades tales como a monitorización en tempo real, o mantemento predictivo, a optimización do deseño ou a mellora da eficiencia operativa.

Máis información: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/es/proyecto-twin-navaux/