O CIS Tecnoloxía e Deseño  da Axencia Galega de Innovación celebra a repercusión do evento Explorando os límites do Hardware RX desenvolvido o pasado martes día 19, no que participaron referentes nacionais do mundo da simulación virtual xunto con preto de 20 compañías expositoras.

Empresas  especializadas e centros de coñecemento amosaron ao público asistente como están utilizando o hardware RX, podendo os visitantes profesionais comprobar as súas capacidades e decidir cales deles se axustan mellor ás súas necesidades, probando diferentes hardwares de realidade virtual, aumentada e mixta.

O evento, presencial e reservado para profesionais, incluíu charlas temáticas, mesas redondas e actividades experienciais en espazos expositivos, abordando, entre outras cuestións, as capacidades das tecnoloxías RX e a súa utilidade en campos como a industria, a educación, a saúde ou o patrimonio.

O alto interese xerado pola temática, o nivel de especialización das compañías e relatores presentes e o grao de asistencia, supoñen un revulsivo para a organización de sucesivas edicións para un evento que xa naceu con vocación de continuidade.

Podes ver unha breve reportaxe sobre o evento:

Se queres ver unha reportaxe máis ampla, coas impresións de moitos dos e as participantes, accede a este
link.