O proxecto europeo MAINGAP, Manufactura Innovadora en la Eurorregión Galicia- Norte de Portugal, financiado polo programa Interreg e no que participa o CIS Tecnoloxía e Deseño baixo a coordinación da Fundación para la Promoción de la Innovación, la Investigación y el Desarrollo (CTAG), ten entre os seus obxectivos o desenvolvemento dunha serie de demostradores sobre as tecnoloxías de Realidade Virtual e Aumentada. Con eles preténdese que as empresas validen se estas tecnoloxías poden ser de utilidade para a súa actividade productiva, para a formación dos seus traballadores, para simplificar as tarefas de mantemento e reparación, entre outras aplicacións.
Nestes momentos o CIS Tecnoloxía e Deseño está colaborando con tres empresas do sector da automoción para validar tres desenvolvementos: coa empresa PORTOMOTOR preténdese desenvolver un demostrador de Realidade Aumentada para a reparación da caixa dun camión; con LUPEÓN un demostrador de Realidade Aumentada para o mantemento dunha impresora 3D e con PRIORAUTO estáse a na definición e validación dun simulador de Realidade Virtual de pintura nun taller de automoción.
Está previsto continuar con estes desenvolvementos ao longo do 2021 e presentar os resultados preliminares no primeiro semestre de 2022.
Mais información sobre o proxecto MAINGAP:https://www.maingap.eu/