
- This event has passed.
Cine e Show Científico: Robots
29/12/2023 11:30h. - 14:00h.

No marco do programa D’tec de fomento das vocacións científico tecnolóxicas, organízanse dúas novas xornadas de Cine e show científico.
As sesións combinan a proxección dunha película cun espectáculo científico que se desenvolve a continuación, no que se analizan os contidos visionados dun modo ameno e atractivo, con experimentos e demostracións.
En cada xornada abordarase unha temática diferente, que irán desde a robótica ata a física ou as novas tecnoloxías.
Estas actividades están abertas a todos os públicos, cunha selección de películas apta para practicamente todas as idades. Estamos seguros de que será unha experiencia enriquecedora e divertida para todos os que participen.
Para facilitar a asistencia, haberá autobuses gratuítos, que trasladarán aos interesados dende varios puntos de Narón e Ferrol. Para reserva de praza poden contactar directamente por teléfono (981 337 110 | 981 337 133) ou indicalo no formulario de inscrición.
Robots
IDADES: Desde os 7 anos.
Sinopse. O mozo Rodney Hojalata é un xenio que quere facer do mundo un lugar mellor. Cappy é unha atractiva executiva robot da que Rodney queda cativado ao instante. Ratchet é o tirano corporativo; e logo está o Gran Soldador, un maxistral inventor que perdeu o norte … ata que tropeza co irreprimible soñador de Rodney. Ademais está un grupo de robots inadaptados coñecidos como os Oxidados liderados por Manivela.
Marty e Doc viaxan ao ano 1955, pero descobren que o presente foi alterado dunha maneira dramática debido ás accións do seu eu futuro. Co tempo en contra, deben arranxar o pasado para asegurarse de que o futuro sexa como debería ser. En medio de todo isto, Marty tamén debe loitar contra o acoso de Biff Tannen, un matón que fixo a súa fortuna grazas a un almanaque deportivo do futuro.
Show científico
A idea de ter robots como os da película fascínanos desde hai séculos, pero o avance foi moito máis lento do que nos gustaría. Como de preto estamos de ter robots como os que aparecen na película? Que nos vai a achegar a Intelixencia Artificial no ámbito da robótica? Pode ser perigoso un robot? Durante a charla daremos resposta a estas e outras preguntas relacionadas cun campo tan atractivo e innovador como é o da robótica.
Data límite de inscrición: 27 de decembro de 2023.