Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

DESIGN IMPACT, evento final do proxecto USER FACTOR

16/12/2021 2:00 pm - 4:30 pm

O próximo día 16 de decembro celebrarase, en formato en liña, o evento final de peche do proxecto Interreg Atlantic Area User Factor.

O programa do evento, titulado DESIGN IMPACT, conta coa participación dos diferentes socios e stakeholders do proxecto, que presentarán e debaterán sobre os obxectivos do proxecto.

USER-FACTOR é un proxecto de tres anos financiado polo Programa Espazo Atlántico de Interreg, e no que participan 8 socios de España, Irlanda, Escocia, Gales, Portugal e Bretaña francesa; cuxo obxectivo é fortalecer a innovación nas pequenas e medianas empresas (PEMES) axudándoas a utilizar o deseño como unha ferramenta para a innovación impulsada polo usuario.

Cada uns dos socios desenvolveu un programa piloto para axudar á PEME para utilizar o deseño e involucrar aos usuarios no desenvolvemento de conceptos e probas de prototipos. No caso de GAIN, 25 pemes galegas participaron na fase do piloto divididas en dous grupos: deseño de produto e deseño de servizos.

Programa: Programa Design Impact by User-Factor I Agenda I 16122021

Os interesados en seguir o evento deberán enviar un email a: loubna.bentamy@bretagne.cci.fr

 

Details

Date:
16/12/2021
Time:
2:00 pm - 4:30 pm
Event Category:

Ubicación

Ciclo Online

Próximos eventos

Eventos anteriores